Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise de textos escritos/orais do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Primeiro exame parcial ao remate do segundo punto do temario (sobre a sexta semana de clase). Combinará preguntas de tipo teórico e exercicios de aplicación práctica de análise textual. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B12
B13
C132
C133
C134
C135
C136
C137
C138
C139
C140
C141
Exame de preguntas de desenvolvemento Segundo exame parcial ao remate do último punto do temario. Terá lugar na última semana de clases presenciais. Combinará preguntas de tipo teórico e exercicios de aplicación práctica de análise textual. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B12
B13
C132
C133
C134
C135
C136
C137
C138
C139
C140
C141
Debate Participación na aula sobre aspectos puntuais relacionados coa análise de textos escritos e orais.
(en caso de circunstancias excepcionais sen aulas: participación en foros e chats via MOOVI)
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B12
B13
C132
C133
C134
C135
C136
C137
C138
C139
C140
C141
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

O sistema de avaliación recomendado para este curso
é o sistema de avaliación continua. O alumnado deberá participar de
xeito regular
nas tarefas de aula e facer os dous exames parciais, o primeiro sobre os puntos 1 e 2 do temario e os segundo sobre os puntos 3 e 4 seguindo o cronograma establecido ao comezo do curso. As datas exactas dos parciais serán comunicados en clase e publicados na plataforma de teledocencia MOOVI. 

Hai que aprobar os dous exames para aprobar o curso cunha nota mínima de 5 cada un. Se o resultado do cálculo final é inferior a 5, a/o estudante deberá recuperar a materia completa na segunda edición de actas.

ALUMNADO NON REGULAR

Aquelas persoas matriculadas que non poidan cumprir os
requirimentos do curso coa regularidade esixida deberán comunicalo de xeito
razoado ao profesorado ao comezo das sesións presenciais e non farán avaliación
continua. Para estas persoas existirá un modelo de avaliación única ao final do cuadrimestre por medio dun exame
global e comprensivo teórico-práctico sobre os contidos do programa. Este exame terá lugar no período de exames na data oficial establecida pola Xunta de Facultade

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O exame celebraráse na data oficial aprobada pola Xunta da FFT. O alumnado non presentado na primeira edición de actas ou coa materia suspensa fará un exame comprensivo teórico e práctico das mismas características ca o exame da avaliación continua da primeira edición de actas.

REQUERIMENTOS

1. O alumnado en programas de intercambio con universidades estranxeiras que estea interesado en matricularse neste curso
deberá ter en conta que o nivel de inglés necesario para seguir as
clases adecuadamente é de competencia alta e nivel avanzado (C).

2. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

3. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

4. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000