O sistema de avaliación recomendado para este curso
é o sistema de avaliación continua. O alumnado deberá participar de
xeito regular
nas tarefas de aula e presentar os traballos e exercicios requiridos
conforme
aos prazos establecidos ao comezo do curso. O exame final de
coñecementos
básicos realizarase nunha das sesións da derradeira semana do curso. As
alumnas e alumnos que suspendan a materia na primeira
edición das actas terán que repetir e superar na segunda edición de
actas en xullo aquelas partes da avaliación que non foron aprobadas.
Gardarase a nota das partes aprobadas e as
porcentaxes da cualificación final non variarán.
O procedemento de recuperación das partes que haxa que repetir é o
seguinte: - Sesión maxistral. Haberá un novo exame final de
coñecementos básicos das mesmas características do primeiro. - Traballos de aula. Avaliaranse por medio dunha proba
escrita con preguntas que recollan os mesmos obxectivos competenciais e o mesmo nivel nivel de
coñecementos dos exercicios e actividades que foron avaliadas nas sesións presenciais. - Presentacións/exposicións. A/O alumno/a terá que volverse presentar unha vez corrixidas as deficiencias
e inexactitudes sinaladas. Cada presentación terá lugar nunha data acordada co
profesorado da materia. - Prácticas autónomas a través de TIC. Recuperaranse por
medio dun cuestionario que inclúa preguntas do mesmo tipo das contidas nos
exercicios en liña durante o curso.
Aquelas persoas matriculadas que non poidan cumprir os
requirimentos do curso coa regularidade esixida deberán comunicarllo de xeito
razoado ao profesorado ao comezo das sesións presenciais e non farán avaliación
continua. Para estas persoas existirá un modelo de avaliación única ao final do cuadrimestre por medio dun exame
global e comprensivo que constará de tres partes. -
Acreditación do seu coñecemento
teórico e práctico dos contidos fundamentais da materia por medio de preguntas
tipo tema (40% da cualificación final). - Exercicios de aplicación, síntese e creación do mesmo tipo dos
realizados na aula e na TIC no sistema de
avaliación continua (50% da cualificación final). - Un suposto práctico: A elaboración
dun esquema razoado (un resumo) para un traballo sobre un punto dos contidos
que inclúa unha primeira descrición do problema a tratar, algúns exemplos ilustrativos,
as fases a seguir e o obxectivo final que se pretende acadar no proxecto (10%
da cualificación final).
Este exame terá lugar nas dúas semanas seguintes ao
remate das clases presenciais. As alumnas e alumnos que suspendan nesta modalidade de
avaliación única na primeira edición das actas en maio terán que repetir e
superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes que teñan
suspensas. Gardarase a nota das partes aprobadas e as porcentaxes da
cualificación final non variarán. O alumnado que non se presente á avaliación continua ou á avaliación única terá que facer o exame de
xullo completo e recibirá a cualificación correspondente na segunda edición das
actas. A data da segunda edición de actas será a data oficial aprobada pola Xunta da FFT. O alumnado en programas de intercambio con universidades estranxeiras que estea interesado en matricularse neste curso
deberá ter en conta que o nivel de inglés necesario para seguir as
clases adecuadamente é de competencia alta e nivel avanzado. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. |