Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise de textos escritos/orais do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exame final de coñecementos básicos das distintas unidades do curso. 25
Traballos de aula Exercicios e actividades de aplicación e síntese baseados nas actividades das clases prácticas. 20
Presentacións/exposicións Traballo final e presentación sobre un aspecto do temario acordado ao principio do curso. 40
Prácticas autónomas a través de TIC Prácticas autónomas a través de TIC Exercicios sobre aspectos prácticos do temario ao remate de cada
unidade por medio de cuestionarios.
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación neste curso é o continuo. O alumnado deberá
asistir a un 80% das sesións presenciais como mínimo, participar nas
actividades de clase e presentar os traballos e exercicios conforme aos
prazos de entrega establecidos ao comezo do curso. 
O exame final de coñecementos básicos da Sesión maxistral realizarase nunha das sesións da derradeira semana do curso.

As
alumnas e alumnos que suspendan a materia na primeira edición das actas
terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo
aquelas partes da avaliación non aprobadas. Gardarase a nota das partes
restantes e non variarán as porcentaxes da cualificación final. O
procedemento de recuperación das partes que haxa que repetir é o
seguinte:

  1. Sesión maxistral. Haberá un novo exame final de coñecementos básicos das mesmas características do primeiro.
  2. Traballos de aula. Avaliaranse por medio dunha proba escrita
    con preguntas que recollan os mesmos obxectivos competenciais e nivel de
    coñecementos dos exercicios e actividades suxeitas a avaliación nas
    sesións presenciais.
  3. Presentacións/exposicións. Un traballo suspenso terá que volver presentarse unha vez corrixidas as deficiencias e inexactitudes
    sinaladas. Cada presentación terá lugar nunha data acordada co
    profesorado da materia.
  4. Prácticas autónomas a través de TIC. Recuperaranse por medio
    dun cuestionario que inclúa preguntas do mesmo tipo das contidas nos
    exercicios en liña durante o curso.

Aquelas persoas
matriculadas que non poidan asistir ás clases coa regularidade esixida
deberán comunicarllo ao profesorado ao comezo do curso e explicar as
razóns e non poderán facer avaliación continua. De todos os xeitos,
recoméndaselles que asistan ao maior número de sesións presenciais que
lles sexa posible. Para estas persoas que xustificadamente non poden
realizar a avaliación continua, existirá un modelo de avaliación única
por medio dun exame global e comprensivo que constará de tres partes. Este exame terá lugar en horario de aulas na derradeira semana do curso.

  1. Acreditación do seu coñecemento teórico e práctico dos contidos
    fundamentais da materia por medio de preguntas tipo tema (40% da
    cualificación final).
  2. Exercicios de aplicación, síntese e creación do mesmo tipo dos
    realizados na aula e na Tic no sistema de avaliación continua (50% da
    cualificación final).
  3. Un suposto práctico: A elaboración dun esquema razoado (un
    resumo) para un traballo sobre un punto dos contidos que inclúa unha
    primeira descrición do problema a tratar, algúns exemplos ilustrativos,
    as fases a seguir e o obxectivo final que se pretende acadar no proxecto
    (10% da cualificación final).  

As alumnas e alumnos que
suspendan nesta modalidade de avaliación única na primeira edición das
actas en maio terán que repetir e superar na segunda edición de actas en
xullo aquelas partes que teñan suspensas. Gardarase a nota das
partes aprobadas e non variarán as porcentaxes da cualificación final.

O
alumnado que non se presente á avaliación única en maio terá que facer o
exame de xullo completo e recibirá a cualificación correspondente na
segunda edición das actas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000