Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Tecnoloxías da linguaxe
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingüística: Describir a linguaxe/V01G180V01201
 
Outros comentarios
Nesta materia, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula. Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como nas horas de traballo persoal fóra da aula. Xa que logo, recoméndase firmemente o estudo diario da materia, así como a lectura atenta de todos os materiais proporcionados ao longo do desenvolvemento das aulas. O alumnado deberá ter acceso a Faitic e consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que este será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais por parte do profesor. Recoméndase encarecidamente o uso dos recursos da biblioteca universitaria. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000