Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Tecnoloxías da linguaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a capacidade para intervir nas clases teóricas tras as intervencións do docente, propondo ou rebatendo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión. Terase en consideración a calidade de ideas e o manexo dos coñecementos adquiridos en clase. 15 A1
A3
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións correctas. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral. 25 B12
C48
Seminario Traballo en profundidade, discusión grupal e debate sobre as lecturas propostas. 25
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba que inclúe preguntas abertas sobre os contidos da materia. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 35 A2
B6
B8
B9
B12
C45
C46
C47
C48
C49
C50
C51
C52
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1.1. Avaliación continua

Na avaliación continua, a nota final calcularase a partir da media
das notas obtidas nas metodoloxías de avaliación. As probas non realizadas
contarán coma un cero. A nota media mínima para aprobar a materia é de 5.

O exame terá lugar na data oficial
aprobada pola Xunta de Facultade para a primeira edición das actas.

O alumnado que non consiga superar a materia nesta primeira edición
das actas, será avaliado na segunda edición das actas mediante un exame
único baseado en todos os contidos da materia.

Todas as probas cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e
calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección
lingüística e o seu rigor académico.

É responsabilidade do alumnado facer un
seguimento da materia a través de Moovi e estar ao tanto das datas de
realización das probas.

1.2. Avaliación única

Excepcionalmente, haberá unha modalidade de avaliación única
na primeira edición de actas, só para aquelas/es estudantes que por
motivos xustificados non poidan facer un seguimento regular da materia.
Neste caso, a/o alumna/o deberá comunicarllo á profesora  argumentadamente ao comezo do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas
de clase). O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua
non se poderá acoller en ningún caso á modalidade de avaliación única.

A avaliación constará dun exame global baseado nos contidos da
materia e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A nota
mínima para aprobar este exame será de 5. Este exame terá lugar despois
do período de docencia, na data oficial aprobada pola Xunta de
Facultade.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a
asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será
responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Moovi.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Tanto na avaliación única coma na continua, na segunda edición de actas (xuño-xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único,
baseado en todos os contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100%
da cualificación final. A nota mínima para aprobar este exame será de 5.
Este exame terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000