Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e outras artes do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Proba presencial o día estipulado polo decanato ó remate das clases do primeiro cuadrimestre no periodo do 18 de decembro ó 19 de xaneiro. Terá unha parte na cal o estudante terá que mostrar o seu coñecemento dos temas expostos durante o curso e outra na que varios clips dos filmes tratados no curso serán analizados e comentados. 50 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C187
C188
C189
C190
C191
C192
Traballo tutelado Traballo escrito de extensión curta (5-6 pp) sobre calquera texto ou tema do período analizado. Será entregado ó profesor o día no que teña lugar a proba presencial descrita no apartado anterior. O estudante é libre de seleccionar a aproximación e o tema. A pesar de que se lles dará orientación, aconsellamos ós estudantes falar co profesor para recibir atención persoal. 40 B9
B11
B12
C187
C188
C189
C191
C192
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Tres exercicios prácticos curtos serán entregados por escrito ó longo do curso en datas sinaladas con suficiente antelación polo profesor ao final de cada sección importante. 10 B8
C187
C188
C189
C190
C191
C192
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS: CONTINUA/UNICA

O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado. Independentemente do tipo de avaliación (continua ou única) o alumnado será avaliado coa proba presencial final (50% para continua, 60% para única sen prácticas breves) e co traballo tutelado (40%). As prácticas breves seranlle esixidas ó alumnado de avaliación continua, ainda que se así o manifesta, o alumnado de única poderá tamén entregalas no mesmo prazo ó longo do curso, co conseguinte valor de 10% na nota final. Polo carácter eminentemente práctico da materia recoméndase a asistencia ás aulas o máis posible. A proba presencial final terá lugar o día estipulado oficialmente polo decanato ó remate das clases do primeiro cuadrimestre no periodo do 18 de decembro ó 19 de xaneiro para as dúas modalidades (continua/única).

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que suspenda a avaliación continua/única (en todo ou en parte) será avaliado mediante unha única proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste caso a proba final computará coma o 100%.De ter algunha parte aprobada na primeira edición seríalle gardada ó alumnado en xullo e tería que facer/entregar só a parte suspensa.



O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo
suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá ao alumno ou alumna da súa responsabilidade.



 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000