Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e outras artes do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Proba presencial o día estipulado polo profesor ó remate das clases do primeiro cuadrimestre no periodo do 18 ó 22 de xaneiro. Terá unha parte na cal o estudante terá que mostrar o seu coñecemento dos temas expostos durante o curso e outra na que varios clips dos filmes tratados no curso serán analizados e comentados. 50 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
Traballos tutelados Traballo escrito de extensión curta (5-6 pp) sobre calquera texto ou tema do período analizado. Será entregado ó profesor o día no que teña lugar a proba presencial descrita no apartado anterior. O estudante é libre de seleccionar a aproximación e o tema. A pesar de que se lles dará orientación, aconsellamos ós estudantes falar co profesor para recibir atención persoal. 40 D1
D2
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Tres exercicios prácticos curtos serán entregados por escrito ó longo do curso en datas sinaladas con suficiente antelación polo profesor ao final de cada sección importante. 10 C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir con regularidade ás sesións das que se compón o curso, tanto de tipo teórico como de tipo práctico (avaliación continua). Se algunha alumna ou alumno non pode cumprir con este requisito deberá comunicarllo ó profesor argumentadamente ó comezo do cuadrimestre, antes do remate da segunda semana lectiva (avaliación única).

Independentemente do tipo de avaliación (continua ou única) o alumnado será avaliado coa proba presencial final (50% para continua, 60% para única sen prácticas breves) e co traballo tutelado (40%). As prácticas breves seranlle esixidas ó alumnado de avaliación continua, ainda que se así o manifesta, o alumnado de única poderá tamén entregalas no mesmo prazo ó longo do curso, co conseguinte valor de 10% na nota final. Polo carácter eminentemente práctico da materia recoméndase a asistencia ás aulas o máis posible. A proba presencial final terá lugar o día estipulado polo profesor ó remate das clases do primeiro cuadrimestre no periodo do 18 ó 22 de xaneiro para as dúas modalidades (continua/única).

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non asista ou suspenda a avaliación continua/única (en todo ou en parte) será avaliado mediante unha única proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste caso a proba final computará coma o 100%.De ter algunha parte aprobada na primeira edición serialle gardada ó alumnado en xullo e teria que facer/entregar só a parte suspensa.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000