Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e outras artes do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Proba presencial o día estipulado polo profesor ó remate das clases do primeiro cuadrimestre no periodo do 13 ó 17 de xaneiro. Terá unha parte na cal o estudante terá que mostrar o seu coñecemento dos temas expostos durante o curso e outra na que varios clips dos filmes tratados no curso serán analizados e comentados. 50
Traballos tutelados Traballo escrito de extensión media (8-10 pp) sobre calquera texto ou tema do período analizado. Será entregado ó profesor o día no que teña lugar a proba presencial descrita no apartado anterior. O estudante é libre de seleccionar a aproximación e o tema. A pesar de que se lles dará orientación, aconsellamos ós estudantes falar co profesor para recibir atención persoal. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Tres exercicios prácticos curtos serán entregados por escrito ó longo do curso en datas sinaladas con suficiente antelación polo profesor ao final de cada sección importante. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir, como mínimo, a un 80% das sesións das que se compón o curso, tanto de tipo teórico como de tipo práctico. Se algunha alumna ou alumno non pode cumprir con este requisito (80% da asistencia), deberá comunicarllo ó profesor argumentadamente ó comezo do cuadrimestre, antes do remate da terceira semana lectiva.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumno ou alumna da súa responsabilidade.

O alumnado que
escolla avaliación única será avaliado coa proba presencial final (60%) e co traballo tutelado (40%). Este
alumnado non ten ningunha obriga presencial, aínda que polo carácter eminentemente práctico da materia recoméndase a asistencia ás aulas o máis posible.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non asista ao mínimo de sesións presenciais ou suspenda a avaliación continua será avaliado mediante un única proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste caso a proba final computará coma o 100%.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000