Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade de xénero do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Presentación oral por parte do alumnado de traballos elaborados grupalmente sobre aspectos teóricos do programa que se determinarán baixo a supervisión da profesora. Cada persoa será avaliada pola súa contribución individual, e avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento da cuestión analizada como as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión oral correcta. Deberá utilizarse como apoio software de diapositivas para presentacións, e avaliarase a correcta expresión escrita nestes textos, que deben entregarse á profesora na mesma data da presentación a través da plataforma virtual Tema. 10 A3
A5
B3
B4
B6
B7
B9
B10
B11
C167
C168
C169
C170
C171
C172
C173
C174
C175
C183
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación activa nas clases e exercicios de comentario de texto que poden ser escritos ou orais. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión oral e/ou escrita. Terase en conta tamén a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. 10 A4
B6
B7
B8
B10
C167
C168
C169
C170
C171
C172
C173
C174
C175
C183
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dous exames baseados nos contidos da materia, que combinarán preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Avaliarase en cada exame tanto a adquisición de competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. O primeiro parcial celebrarase dentro do calendario de docencia, na hora e aula correspondentes á materia. O segundo coincidirá coa data oficial para o exame de avaliación única. 80 A1
A4
B2
B3
B6
B8
B9
B11
C167
C168
C169
C170
C171
C172
C173
C174
C175
C183
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Na primeira edición de actas a avaliación será preferentemente continua. Para a avaliación continua é obrigatorio realizar e expoñer no prazo establecido os traballos
incluídos na mesma: dous exames parciais escritos, que equivalen a un 40% da nota final cada un, e unha presentación
oral, que aporta un 10% da nota final. Os traballos non realizados ou entregados fóra de prazo contarán coma un
0. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de
corrección lingüística (tanto na forma oral coma na escrita) e conteñan erros
gramaticais graves contarán coma un 0. 

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese
traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado
da súa responsabilidade.

O primeiro exame parcial terá lugar en horario de clase, na semana do 24 ao 28 de outubro (a data precisa anunciaranse en Faitic e máis no Cronograma da materia ao inicio do
cuadrimestre, unha vez coñecido o horario da materia). O segundo exame parcial coincidirá coa data para avaliación única establecida polo Decanato no calendario oficial de exames da Facultade. 

Se algunha alumna/o non pode asistir regularmente ás clases e prefire optar por avaliación única, deberá comunicalo á profesora argumentadamente nas primeiras dúas semanas do curso. Nese caso, será avaliada/o exclusivamente mediante un exame único na data fixada no calendario oficial de exames polo Decanato. Este exame estará baseado nos contidos da materia, e combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e a nota do exame constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. Igualmente, o alumnado que non asista ás clases será responsable de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic . 

De suspender a avaliación na primeira convocatoria deberá examinarse de toda a materia na segunda.

Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación
levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que
combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa
nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a
correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar
na data oficial de xullo establecida no calendario de exames oficial.

A AVALIACIÓN DO ALUMNADO ERASMUS E DE INTERCAMBIO SEGUIRÁ EXACTAMENTE O MESMO PROCEDEMENTO DO ALUMNADO REGULAR DA UVIGO, SEN EXCEPCIÓNS.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000