Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade de xénero do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentación oral por parte do alumnado de traballos elaborados grupalmente sobre aspectos teóricos do programa que se determinarán baixo a supervisión da profesora. Cada persoa será avaliada pola súa contribución individual, e avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento da cuestión analizada como as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión oral correcta. Deberá utilizarse como apoio software de diapositivas para presentacións, e avaliarase a correcta expresión escrita nestes textos, que deben entregarse á profesora na mesma data da presentación a través da plataforma virtual Tema. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación activa nas clases e exercicios de comentario de texto que poden ser escritos ou orais. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión oral e/ou escrita. Terase en conta tamén a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dous exames baseados nos contidos da materia, que combinarán preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Avaliarase en cada exame tanto a adquisición de competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. Celebraranse dentro do calendario de docencia, na hora e aula correspondentes á materia. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Na primeira edición de actas a avaliación será
continua. É obrigatorio realizar e expoñer no prazo establecido os traballos
incluídos na avaliación (dous exames parciais escritos e unha presentación
oral). Os traballos non realizados ou entregados fóra de prazo contarán coma un
0. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de
corrección lingüística (tanto na forma oral coma na escrita) e conteñan erros
gramaticais graves contarán coma un 0.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese
traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado
da súa responsabilidade.

Se algunha alumna/o non pode asistir regularmente por motivos xustificados
e prefire realizar exclusivamente os exames, deberá comunicarllo á profesora
argumentadamente nas primeiras dúas semanas do curso. Nese caso, será
avaliada/o exclusivamente mediante os exames fixados para a materia, cada un
deles computará un 50% da cualificación final, e non se considerará o
traballo realizado na aula. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda
do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda
encarecidamente. Igualmente, o alumnado que non asista ás clases será
responsable de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic e
de presentarse aos exames nas datas establecidas, que se anunciarán en Faitic
ao inicio do cuadrimestre. O primeiro exame terá lugar na semana do 13 ao 17 de
outubro. O segundo exame terá lugar na semana do 1 ao 5 de decembro. As datas precisas
anunciaranse en Faitic e máis no Cronograma da materia ao inicio do
cuadrimestre.

Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación
levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que
combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa
nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a
correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar
na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000