Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade de xénero do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a presentar a materia e organizar a dinámica da docencia e actividades co alumnado na primeira semana de clases.
Lección maxistral Exposición dos contidos teóricos da materia por parte da profesora.
Seminario Actividades de formación dirixidas pola profesora que inciden máis pormenorizadamente nalgún aspecto concreto das unidades temáticas ou as complementan.
Traballo tutelado Discusión oral dos textos literarios e/ou fílmicos por parte do alumnado baixo a supervisión da profesora. O alumnado deberá aplicar ao comentario crítico os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais e mais nos seminarios así como os coñecementos que vai adquirindo nas lecturas previas.
Estudo previo O alumnado deberá ler os textos obrigatorios, tanto teóricos/críticos coma os diversos textos literarios, con antelación ás clases nos que se comentarán. O calendario de comentario dos textos obrigatorios estará publicado en Moovi antes do comezo das clases. O alumnado debe consultar este calendario e ter realizada a lectura do material.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000