Esta materia ocúpase do estudo das teorías do xénero nos ámbitos anglófonos (feminismos, estudos da masculinidade, estudos queer), da súa influencia na práctica literaria en lingua inglesa e/ou da súa aplicación na análise crítica dos textos literarios.
Partindo de coñecementos previos das literaturas dos diversos ámbitos anglófonos e das ferramentas básicas para a análise literaria, realizarase nesta materia o estudo desde unha perspectiva de xénero dalgún aspecto teórico ou literario, que pode incluír unha panorámica xeral das teorías máis relevantes destes campos (feminismos, estudos da masculinidade, estudos queer), o estudo de autoras/é concretos, de temas específicos, ou o estudo comparado de diversos textos desde unha perspectiva de xénero.