Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade cultural do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01401
Ámbitos literarios III do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01602
 
Outros comentarios
- A asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula. - Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como nas horas de traballo persoal fóra da aula. Xa que logo, recoméndase firmemente o estudo diario da materia, así como a lectura atenta de todos os materiais literarios e teórico-críticos proporcionados ao longo do desenvolvemento das aulas. - Recoméndase igualmente facer uso dos recursos da Biblioteca, tanto electrónicos coma en papel. - O alumnado deberá ter acceso a Faitic e consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que éste será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais de lectura por parte da profesora. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. - A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a corrección lingüística e a presentación formal. - A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. - Non se permite o uso de ningún dispositivo electrónico durante as aulas. Tabletas, portátiles e teléfonos móbiles están rigorosamente prohibidos. INFORMATION OF INTEREST FOR EXCHANGE STUDENTS: - Students from areas not related with English Studies will not be admitted to the course. - The English level required to enter this course is C1. - The use of electronic devices (tablets, laptops and mobile phones) is strictly forbidden during the classes.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000