Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade cultural do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01401
Ámbitos literarios III do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01602
 
Outros comentarios
- A asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula. - Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como nas horas de traballo persoal fóra da aula. Xa que logo, recoméndase firmemente o estudo diario da materia, así como a lectura atenta de todos os materiais literarios e teórico-críticos proporcionados ao longo do desenvolvemento das aulas. - Recoméndase igualmente facer uso dos recursos da Biblioteca, tanto electrónicos coma en papel. - O alumnado deberá ter acceso a Faitic e consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que éste será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais de lectura por parte da profesora. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. - A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. - A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. - DE INTERESE PARA O ALUMNADO ERASMUS: O nivel de lingua aconsellado para seguir esta materia é un C1.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000