- A asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento clave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presenza e participación activa na aula.
- Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como nas horas de traballo persoal fóra da aula. Xa que logo, recoméndase firmemente o estudo diario da materia, así como a lectura atenta de todos os materiais literarios e teórico-críticos proporcionados ao longo do desenvolvemento das aulas.
- Recoméndase igualmente facer uso dos recursos da Biblioteca, tanto electrónicos coma en papel.
- O alumnado deberá ter acceso a Faitic e consultar o espazo web da materia con regularidade, xa que éste será o medio principal de comunicación e de entrega de materiais de lectura por parte da profesora. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación.
- A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
- A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.
- DE INTERESE PARA O ALUMNADO ERASMUS: O nivel de lingua aconsellado para seguir esta materia é un C1. |