Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade cultural do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación activa nas clases e exercicios de comentario de texto nas mesmas. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión. Terase en conta tamén a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. 10 A3
A4
B7
B8
B10
B11
C176
C177
C178
C179
C180
C182
C183
C184
C185
C186
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse dous exames baseados nos contidos da materia, que combinarán preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Avaliarase en cada exame tanto a adquisición de competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. O primeiro parcial celebrarase dentro do calendario de docencia, na hora e aula correspondentes á materia. O segundo coincidirá coa data oficial para o exame de avaliación única. Cada exame computará un 40% da cualificación final. É necesario acadar alomenos un 3 no primeiro parcial para poder realizar o segundo. 80 A1
A4
B2
B4
B5
B8
B9
B10
B11
C176
C177
C178
C179
C180
C181
C182
C183
C184
C185
C186
Presentación Presentación oral por parte do alumnado de traballos elaborados grupalmente sobre
algún dos textos literarios ou fílmicos do temario, que se determinará baixo a supervisión da profesora. Cada persoa será avaliada pola súa contribución individual, e se avaliarán tanto as competencias referidas ao coñecemento da cuestión analizada como as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión correcta. Cada grupo entregará o arquivo de ppt ou pdf coa súa presentación no prazo máximo dunha semana tras a clase correspondente.
10 A3
A4
A5
B3
B4
B6
B7
B9
B10
B11
B12
C176
C177
C178
C179
C180
C181
C182
C183
C184
C185
C186
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na primeira edición de actas a avaliación será preferentemente continua. Para a avaliación continua é obrigatorio realizar e expoñer no prazo establecido os traballos incluídos na mesma: dous exames parciais escritos, que equivalen a un 40% da nota final cada un; unha presentación oral, que aporta un 10% da nota final; e participación activa regularmente nos comentarios de texto na aula, que supón outro 10% da nota total. Os traballos non realizados ou entregados fóra de prazo contarán coma un 0. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística (tanto na forma oral coma na escrita) e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un 0. 

A nota mínima requerida en cada un dos exames parciais para facer nota media xunto co resto de probas é de 3. De non superar esta nota de corte no primeiro parcial, a alumna ou alumno deberá ir ao exame final na segunda convocatoria. 

O primeiro exame parcial terá lugar en horario de clase, na semana que coincida coa metade das horas da materia (a data precisa anunciaranse en Moovi e máis no cronograma da materia ao inicio do cuadrimestre). O segundo exame parcial coincidirá coa data para avaliación única establecida polo Decanato no calendario oficial de exames da Facultade. 

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Se algunha alumna/o non pode asistir regularmente ás clases e prefire optar por avaliación única, deberá comunicalo á profesora argumentadamente nas primeiras dúas semanas do curso. Nese caso, será avaliada/o exclusivamente mediante un exame único na data fixada no calendario oficial de exames pola Xunta de Facultade. Este exame estará baseado nos contidos da materia, e combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e a nota do exame constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. Igualmente, o alumnado que non asista ás clases será responsable de manter un contacto continuado coa materia a través de Moovi . 

De suspender a avaliación na primeira convocatoria deberá examinarse de toda a materia na segunda.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO)

Na segunda edición das actas (xuño-xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar na data oficial de xuño establecida no calendario de exames oficial.

A AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE INTERCAMBIO SEGUIRÁ EXACTAMENTE O MESMO PROCEDEMENTO DO ALUMNADO REGULAR DA UVIGO, SEN EXCEPCIÓNS. O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DEBE TER EN CONTA QUE ESTA MATERIA É DE ÚLTIMO ANO DE GRAO E REQUIRE UN ALTO NIVEL DE INGLÉS. 

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe. É responsabilidade do alumnado acceder regularmente aos contidos da materia e demáis ferramentas da plataforma Moovi. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000