Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade cultural do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Presentación oral en grupo sobre un dos textos literarios ou fílmicos do temario. 25 A2
A3
A4
A5
B3
B4
B6
B7
B9
B10
B11
B12
C176
C177
C178
C179
C180
C182
C183
C184
C185
C186
Traballos e proxectos Un ensaio elaborado en grupo e consistente no comentario crítico dun texto literario ou fílmico proposto pola profesora no que o alumnado deberá aplicar os conceptos teóricos estudados nas aulas, empregando o vocabulario específico e a terminoloxía crítica, identificando os recursos formais e aspectos estilísticos relevantes e axeitándose ás normas académicas de elaboración de traballos científicos. 25 A2
A3
A4
A5
B3
B4
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
C177
C178
C179
C180
C181
C182
C183
C184
C185
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Unha proba escrita sobre os contidos da materia. Esta proba realizarase entre as semanas 12 e 13 do cuadrimestre. 50 A1
A4
B2
B4
B5
B8
B10
B11
C176
C177
C178
C179
C181
C182
C183
C184
C186
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación desenvolverase consonte o
detallado máis arriba.

É obrigatorio realizar todas as probas previstas na
avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. As datas das probas
serán propostas pola profesora no cronograma entregado o primeiro día de aulas
e serán consensuadas co alumnado e publicadas en Faitic con antelación
suficiente. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior debidamente xustificadas,
non puidese realizar algunha proba, deberá falar coa profesora con antelación á data da proba para estabelecer unha
nova data.

A presentación oral terá
lugar durante as aulas consonte a un calendario que se
estabelecerá ao comezo do cuadrimestre (aproximadamente dende a semana 5 até o remate do cuadrimestre). Para a súa preparación é responsabilidade do alumnado asistir a
titorías
coa profesora. Cada persoa do grupo será avaliada pola súa contribución
individual, tanto á presentación coma ao debate posterior en grupo. Avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento da
cuestión analizada como as relacionadas coa construción de argumentos e a súa
expresión oral correcta. Deberá utilizarse como apoio software de diapositivas
para presentacións, e avaliarase a correcta expresión escrita nestes textos,
que se lle deberán entregar á profesora con anterioridade á data da presentación a través
da plataforma de teledocencia Faitic.

A data límite para a entrega do traballo escrito será o martes 10 de xaneiro de 2017. As características deste traballo serán especificadas ao seu debido tempo nas aulas e a través da plataforma de teledocencia Faitic. O alumnado participante en cada grupo de traballo recibirá a mesma cualificación, por entender que se trata dun traballo elaborado e asumido por todo o grupo. É responsabilidade do
alumnado asistir a titorías para que a profesora poida facer un seguimento da
metodoloxía e desenvolvemento do traballo.

Todas as probas de avaliación cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e o seu rigor académico.

O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse
ao exame correspondente á avaliación única, e a súa cualificación na primeira
edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante o curso. Para poder realizar o cálculo da cualificación global, é imprescindíbel acadar como mínimo un 4 en cada unha das probas. A cualificación global mínima para aprobar a materia é un 5.

Excepcionalmente, haberá unha modalidade de avaliación
única na primeira edición de actas, só para aquelas/es estudantes que por motivos xustificados non poidan participar na avaliación continua. Neste caso, a/o alumna/o deberá
comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo do cuadrimestre (nas dúas
primeiras semanas de clase). A avaliación constará dun exame único, baseado nos
contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de
análise e interpretación de textos e cuxa nota constituirá o 100% da
cualificación final. Este exame terá lugar na data oficial do calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do
dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será
responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de
traballo ou exame suporá un cero nesa proba
. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Non é obrigatorio asistir ás aulas, aínda que se recomenda
encarecidamente asistir con regularidade e participar de maneira activa no
desenvolvemento do curso. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e estar ao tanto das datas de realización das probas de avaliación.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS



Na segunda edición de actas a avaliación levarase a
cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Ao alumnado de avaliación continua que na primeira edición de actas superara algunha das probas conservaraselle esa
cualificación até xullo. Na segunda edición de actas este alumnado repetirá unicamente as probas non superadas.



Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000