Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade cultural do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Presentación oral en grupo sobre un dos textos literarios ou fílmicos do temario. 30 A3
A4
C3
C4
C6
C7
C9
C10
C11
C12
D3
D4
Traballos e proxectos Un ensaio elaborado en grupo e consistente no comentario crítico dun texto literario ou fílmico proposto pola profesora no que o alumnado deberá aplicar os conceptos teóricos estudados nas aulas, empregando o vocabulario específico e a terminoloxía crítica, identificando os recursos formais e aspectos estilísticos relevantes e axeitándose ás normas académicas de elaboración de traballos científicos. 30 A3
A4
C3
C4
C6
C7
C8
C9
C11
C12
C13
D3
D4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Unha proba escrita sobre os contidos da materia. Esta proba realizarase na penúltima semana de aulas. 40 A4
C2
C4
C5
C8
C10
C11
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación desenvolverase consonte o
detallado máis arriba.

É obrigatorio realizar todas as probas previstas na
avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. As datas das probas
serán propostas pola profesora no cronograma entregado o primeiro día de aulas
e serán consensuadas co alumnado e publicadas en Faitic con antelación
suficiente. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior debidamente xustificadas,
non puidese realizar algunha proba, deberá falar coa profesora para estabelecer unha
nova data.

A presentación oral terá
lugar durante as aulas consonte a un calendario que se
estabelecerá ao comezo do cuadrimestre (dende a semana 5 até o remate do cuadrimestre). Para a súa preparación é responsabilidade do alumnado asistir a
titorías
coa profesora. Cada persoa do grupo será avaliada pola súa contribución
individual. Avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento da
cuestión analizada como as relacionadas coa construción de argumentos e a súa
expresión oral correcta. Deberá utilizarse como apoio software de diapositivas
para presentacións, e avaliarase a correcta expresión escrita nestes textos,
que se lle deberán entregar á profesora na mesma data da presentación a través
da plataforma de teledocencia Tema.

O traballo escrito entregarase na penúltima semana de aulas. As características deste traballo serán especificadas ao seu debido tempo nas aulas e a través da plataforma de teledocencia Faitic. O alumnado participante en cada grupo de traballo recibirá a mesma cualificación, por entender que se trata dun traballo elaborado e asumido por todo o grupo. É responsabilidade do
alumnado asistir a titorías para que a profesora poida facer un seguimento da
metodoloxía e desenvolvemento do traballo.

Todas as probas de avaliación cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e o seu rigor académico.

O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse
ao exame correspondente á avaliación única, e a súa cualificación na primeira
edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante o curso.

Excepcionalmente, haberá unha modalidade de avaliación
única na primeira edición de actas, só para aquelas/es estudantes que por motivos xustificados non poidan
facer un seguimento regular da materia. Neste caso, a/o alumna/o deberá
comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo do cuadrimestre (nas dúas
primeiras semanas de clase). A avaliación constará dun exame único, baseado nos
contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de
análise e interpretación de textos e cuxa nota constituirá o 100% da
cualificación final. Este exame terá lugar na mesma data da proba escrita final.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do
dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será
responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de
traballo ou exame suporá un cero nesa proba
. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Non é obrigatorio asistir ás aulas, aínda que se recomenda
encarecidamente asistir con regularidade e participar de maneira activa no
desenvolvemento do curso. É responsabilidade do alumnado facer un seguimento da
materia a través de Faitic e estar ao tanto das datas de realización das probas
.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS



Na segunda edición de actas a avaliación levarase a
cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.



Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000