Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade cultural do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliarase a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais (tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios): atención, comentarios e preguntas pertinentes ao fío das explicacións. 5
Traballos de aula Avaliarase a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais de prácticas e nos debates de comentario dos textos. Valorarase non só a participación cuantitativa senón tamén a pertinencia das achegas. 15
Outras Presentación oral en grupo sobre un texto do programa, que será previamente acordado coa profesora. 10
Traballos e proxectos Ensaio individual, dunhas 5 páxinas de extensión, que consistirá no comentario crítico dun texto proposto polo profesorado. O alumnado deberá aplicar os conceptos teóricos estudados nas aulas, empregando o vocabulario específico e a terminoloxía crítica, identificando os recursos formais e aspectos estilísticos relevantes e axeitándose ás normas académicas de elaboración de traballos científicos. O traballo entregarase ao final do cuadrimestre, na derradeira sesión presencial do curso. Na avaliación do traballo teranse en conta tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Haberá dous exames parciais sobre os contidos da materia. O primeiro terá lugar ao final da unidade dedicada a África. O segundo parcial celebrarase entre a penúltima e a última semana de aulas. As datas concretas acordaranse entre alumnado e profesorado con antelación suficiente. As cualificacións obtidas en ambos os parciais farán media aritmética e o resultado constituirá o 50% da cualificación final da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1.1. Avaliación continua

Na primeira edición de actas a
avaliación será continua
,
consonte o detallado máis arriba. A condición para ser avaliada/o será a
asistencia a un mínimo do 80% das aulas. É obrigatorio realizar no prazo
estabelecido todas as probas asignadas durante o desenvolvemento das aulas. As
probas non realizadas ou os traballos entregados fóra de prazo contarán coma un
cero. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de
corrección lingüística e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un
cero. A non realización dun exame parcial suporá un cero.

A
entrega de traballos e exercicios así como a realización das probas parciais
implican a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado.
O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse ao exame
correspondente á avaliación única (ver apartado 1.2.), e a súa cualificación na
primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante o curso.

A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá
un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o
alumnado da súa responsabilidade.

1.2. Avaliación única

Se
algunha alumna/o non se pode acoller á avaliación continua por motivos xustificados, deberá comunicarllo ao profesorado argumentadamente
ao comezo do cuadrimestre (nas
dúas primeiras semanas de clase)
.
Nese caso, poderá ser avaliada/o mediante un exame único, baseado nos contidos
da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise
e interpretación de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación
final. Este exame terá lugar na mesma data ca o segundo exame parcial da
avaliación continua, data que será acordada entre profesorado e alumnado con antelación
suficiente.

A
escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas
sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que
siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado
coa materia a través de Faitic.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na
segunda edición de actas (xullo)
a avaliación levarase a cabo mediante
un exame único, baseado nos contidos da materia,
que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e
cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na
data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Recoméndase
firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se
implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000