1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS 1.1. Avaliación continua Na primeira edición de actas a
avaliación será continua,
consonte o detallado máis arriba. A condición para ser avaliada/o será a
asistencia a un mínimo do 80% das aulas. É obrigatorio realizar no prazo
estabelecido todas as probas asignadas durante o desenvolvemento das aulas. As
probas non realizadas ou os traballos entregados fóra de prazo contarán coma un
cero. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de
corrección lingüística e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un
cero. A non realización dun exame parcial suporá un cero. A
entrega de traballos e exercicios así como a realización das probas parciais
implican a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado.
O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse ao exame
correspondente á avaliación única (ver apartado 1.2.), e a súa cualificación na
primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante o curso. A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá
un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o
alumnado da súa responsabilidade. 1.2. Avaliación única Se
algunha alumna/o non se pode acoller á avaliación continua por motivos xustificados, deberá comunicarllo ao profesorado argumentadamente
ao comezo do cuadrimestre (nas
dúas primeiras semanas de clase).
Nese caso, poderá ser avaliada/o mediante un exame único, baseado nos contidos
da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise
e interpretación de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación
final. Este exame terá lugar na mesma data ca o segundo exame parcial da
avaliación continua, data que será acordada entre profesorado e alumnado con antelación
suficiente. A
escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas
sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que
siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado
coa materia a través de Faitic. 2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS Na
segunda edición de actas (xullo)
a avaliación levarase a cabo mediante
un exame único, baseado nos contidos da materia,
que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e
cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na
data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Recoméndase
firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se
implique activamente no seu proceso de aprendizaxe. |