Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade cultural do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Describir e analizar os trazos literarios, temas, estilos e símbolos principais utilizados nas obras literarias dunha determinada época histórica ou dun determinado movemento estético ou cultural, relacionando estas características co contexto en que se inscriba a produción e recepción da obra.
saber
saber facer
A2
A10
A11
A13
B1
Relacionar as obras literarias e culturais que sexan obxecto de estudo coas teorías críticas e os movementos literarios e culturais que contribúan á comprensión da obra.
saber
saber facer
A3
B3
Formular razoamentos críticos derivados da análise das obras literarias e culturais obxecto de estudo, empregando para iso terminoloxía, fontes e recursos especializados, e proporcionando evidencias críticas e textuais que avalen os devanditos argumentos.
saber facer
A4
A6
A8
A12
B2
B3
Aplicar técnicas de análise literaria a textos representativos de distintos xéneros como poden ser a poesía, teatro ou narrativa.
saber facer
A4
A5
A12
B3
Estender os coñecementos das técnicas de análise literaria á peculiaridade narrativa do discurso fílmico, televisual e radiofónico.
saber facer
A4
A10
A12
Recoñecer as novas tendencias nos diversos movementos literarios e culturais.
saber
saber facer
A2
A10
A11
Relacionar textos literarios e outras expresións culturais e artísticas, como pode ser o cine ou a arte, tanto entre eles coma coa realidade sociopolítica na que se producen.
saber
saber facer
A10
A11
Visibilizar e pór en valor as achegas das mulleres á literatura e a cultura producida no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais.
saber facer
Saber estar / ser
A11
Identificar o papel desempeñado polas expresións artísticas e culturais nas relacións entre grupos dominantes e/ou minoritarios.
saber
saber facer
Saber estar / ser
A10
A11
A13
Mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e sensibilizar as persoas da contorna na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade.
saber
saber facer
Saber estar / ser
A10
B4
Desenvolver un pensamento independente e crítico, así como actitudes de respecto e tolerancia cara a outras opinións e puntos de vista, e cara á diversidade social e cultural.
saber facer
Saber estar / ser
A6
A7
A9
B5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000