Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Estrutura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Preguntas e exercicios requiridos polo profesorado durante as sesións lectivas síncronas. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B13
C90
C91
C92
C93
C94
Exame de preguntas de desenvolvemento Test parcial inicial con preguntas sobre os contidos teóricos e prácticos de parte do desenvolvemento docente da materia.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B13
C90
C91
C92
C93
C94
Exame de preguntas de desenvolvemento Test parcial final con preguntas sobre os contidos teóricos e prácticos de parte do desenvolvemento docente da materia. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B13
C90
C91
C92
C93
C94
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1.1. Avaliación continua

Na primeira
edición de actas, a avaliación realizarase consonte o detallado enriba. As probas de avaliación parcial terán
lugar durante o período lectivo en sesións de clase, en datas anunciadas na aula e publicadas
na plataforma de teleaprendizaxe da materia.

A
cualificación mínima requirida na media dos sistemas de avaliación será de 5 puntos sobre 10 para poder superar a
materia
. Cómpre observar que, para que as cualificacións das probas parciais sexan ponderadas, a nota mínima en cada proba non poderá ser inferior a 5/10 puntos.

Toda persoa que realice o primeiro exame parcial terá que continuar polo sistema de avaliación continua, sen que sexa posible ter realizado unha proba parcial e despois pasar ao sistema de avaliación única (véxase 1.2.).

1.2. Avaliación única

Se algun/ha alumno/a non desexa acollerse ao sistema de avaliación continua, deberá comunicarllo ao profesorado ao comezo do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase).
Nese caso, poderá ser avaliado/a mediante unha proba única, baseada nos
contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios
prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este
exame terá lugar no período de exames na data oficial aprobada pola Facultade.

A escolla desta opción de avaliación en
ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás clases, sempre que o/a estudante o desexe, pero si a perda do dereito de realizar as probas de avaliación parcial descritas en 1.1.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición de actas (xuño/xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único,
baseado na totalidade dos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e
exercicios prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación
final. Este exame terá lugar no período de exames na data oficial aprobada pola
Xunta de Facultade.

Notas sobre a avaliación

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso.


A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou proba suporá un suspenso na cualificación final. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

O alumnado alleo "incoming" en programas de intercambio que estea interesado en matricularse nun curso do grao deberá ter en conta a lingua e o nivel de lingua do devandito curso (B2.2>C1).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000