Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Estrutura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Outros Cada unha das dúas docentes da materia realizará unha proba parcial da materia impartida. Estas dúas probas computarán como segue:
- Primeira proba parcial: 40% da nota final.
- Segunda proba parcial: 60% da nota final.
100 A1
A2
A5
B3
B4
C90
C91
C92
C93
C94
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1.1. Avaliación continua

Na primeira
edición de actas, a avaliación realizarase consonte o detallado máis
arriba. As dúas probas de avaliación parcial terán
lugar durante o período lectivo, concretamente nas semanas 6 e 13. As datas concretas serán publicadas
na plataforma de teleaprendizaxe da materia.

A
cualificación mínima requirida nas probas de avaliación parcial e
finalista escritas será de 5 puntos sobre 10 para poder superar a
materia. Cómpre observar que, para que as notas das probas parciais sexan ponderadas, a nota mínima nesas probas non poderá ser inferior a 5.

Toda persoa que realice o primeiro exame parcial terá que continuar polo sistema de avaliación continua, sen que sexa posible ter realizado un exame parcial e despois pasar ao sistema de avaliación única (véxase 1.2.).

1.2. Avaliación única

Se algun/ha alumno/a non desexa acollerse ao sistema de avaliación continua, deberá comunicarllo ao profesorado ao comezo do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase).
Nese caso, poderá ser avaliado/a mediante un exame único, baseado nos
contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios
prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este
exame terá lugar no periodo de exames na data oficial aprobada pola
Xunta de Facultade.

A escolla desta opción de avaliación en
ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás clases sempre que sexa
posible, pero si a perda do dereito de realizar os exames parciais indicados en 1.1.


2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único,
baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e
exercicios prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación
final. Este exame terá lugar no periodo de exames na data oficial aprobada pola
Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000