Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Estrutura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Participación nas sesións maxistrais. 5 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C5
C6
C8
C9
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Seminarios Avaliación das actividades desenvolvidas en seminarios 10 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C5
C6
C8
C9
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación dos exercicios e/ou problemas. Trátase de actividades programadas ao longo do cuadrimestre para facer na aula e/ou fóra da aula, de diversa natureza: análises sintácticas, comprensión de pequenos ensaios ou extractos, exercicios teórico-prácticos sobre temas de categorización gramatical, tests, ensaios breves sobre conceptos teóricos, etc. 10 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C5
C6
C8
C9
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Outros Avaliacións parcial e finalista escritas:
- avaliación parcial: 20%
- avaliación finalista: 55%
En todo caso, se a cualificación da proba finalista é superior á da proba parcial, a da proba finalista será a única considerada neste apartado.
75 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C5
C6
C8
C9
C13
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na primeira
edición de actas, a avaliación realizarase consonte o detallado máis
arriba. As dúas probas de avaliación parcial e finalista escritas terán
lugar durante o período lectivo: a proba parcial terá lugar na semana sétima e a proba finalista terá lugar na semana final do periodo lectivo previo ao remate das clases do cuadrimestre. Estas datas serán publicadas
na plataforma de teleaprendizaxe da materia.

É obrigatorio realizar e entregar no prazo establecido todos os posibles traballos requiridos
na clase. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo
contarán coma un cero. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os
requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan erros
gramaticais graves contarán coma un cero. O plaxio total ou parcial en
calquera tipo de traballo suporá un cero nese traballo. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto.

A
cualificación mínima requirida nas probas de avaliación parcial e
finalista escritas será de 5 puntos sobre 10 para poder superar a
materia.

Se algun/ha alumno/a non desexa acollerse a este sistema de avaliación, deberá comunicarllo ao profesorado ao comezo do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase).
Nese caso, poderá ser avaliado/a mediante un exame único, baseado nos
contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios
prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este
exame terá lugar na data acordada polo profesorado da materia e
publicada na plataforma de teledocencia. A escolla desta opción en
ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás clases sempre que sexa
posible.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único,
baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e
exercicios prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación
final. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola
Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000