1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Na primeira
edición de actas, a avaliación realizarase consonte o detallado máis
arriba. As dúas probas de avaliación parcial e finalista escritas terán
lugar durante o período lectivo: a proba parcial terá lugar na semana sétima e a proba finalista terá lugar na semana final do periodo lectivo previo ao remate das clases do cuadrimestre. Estas datas serán publicadas
na plataforma de teleaprendizaxe da materia. É obrigatorio realizar e entregar no prazo establecido todos os posibles traballos requiridos
na clase. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo
contarán coma un cero. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os
requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan erros
gramaticais graves contarán coma un cero. O plaxio total ou parcial en
calquera tipo de traballo suporá un cero nese traballo. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto. A
cualificación mínima requirida nas probas de avaliación parcial e
finalista escritas será de 5 puntos sobre 10 para poder superar a
materia. Se algun/ha alumno/a non desexa acollerse a este sistema de avaliación, deberá comunicarllo ao profesorado ao comezo do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase).
Nese caso, poderá ser avaliado/a mediante un exame único, baseado nos
contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios
prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este
exame terá lugar na data acordada polo profesorado da materia e
publicada na plataforma de teledocencia. A escolla desta opción en
ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás clases sempre que sexa
posible. 2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único,
baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e
exercicios prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación
final. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola
Xunta de Facultade.
|