Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Estrutura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias Avaliación de asimilación de contidos mediante test inicial. 0
Sesión maxistral Participación nas sesións maxistrais. 3
Seminarios Avaliación das actividades desenvolvidas en seminarios. 7
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación dos exercicios e/ou problemas. 10
Outros Avaliacións parcial e finalista escritas:
- avaliación parcial: 20%
- avaliación finalista: 60%
En todo caso, se a cualificación da proba finalista é superior á da proba parcial, a primeira será a única considerada neste apartado.
80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na primeira edición de actas, a avaliación realizarase consonte o detallado máis arriba. As dúas probas de avaliación parcial e finalista escritas terán lugar durante o período lectivo, en data fixada polo profesorado e mailo alumnado nas primeiras semanas de clase. Estas datas serán publicadas na plataforma de teleaprendizaxe da materia.
É obrigatorio realizar e entregar no prazo establecido todos os posibles traballos requiridos na clase. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo contarán coma un cero. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un cero. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un cero nese traballo.
A cualificación mínima requirida nas probas de avaliación parcial e finalista escritas será de 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.

Se algunha alumna/o non desexa acollerse a este sistema de avaliación, deberá comunicarllo ao profesorado ao comezo do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase). Nese caso, poderá ser avaliada/o mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data acordada polo profesorado da materia e publicada na plataforma de teledocencia. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000