Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións


 
Outros comentarios
A asistencia a clase é altamente recomendable. Para un excelente aproveitamento das leccións maxistrais é recomendable que o alumnado teña feitas as lecturas obrigatorias antes de cada sesión para asimilar mellor os contidos que se van explicar e expor posibles dúbidas ou facer comentarios ao respecto. Para a resolución de exercicios e outras actividades prácticas é imprescindible ter feitas as lecturas obrigatorias correspondentes así como revisado os apuntamentos das clases maxistrais. As fontes bibliográficas están a disposición do alumnado na biblioteca. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas. Competencias previas desexables: - Bo coñecemento da lingua inglesa (nivel C1 ou superior). - Uso dos diferentes recursos que ofrece a Biblioteca. - Manexo básico de ferramentas informáticas e Internet. Para a consecución destas competencias previas recoméndase a asistencia a sesións formativas especializadas. Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso. En caso de calquera tipo de plaxio (eg. copia total ou parcial de textos, copia doutras/os estudantes en exames/exercicios, etc.) nalgunha proba/traballo/actividade puntual, a cualificación final será de suspenso na materia nesa convocatoria. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao/á alumno/a da súa responsabilidade neste aspecto. Véxanse os artigos 40-42 do “Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado” da UVigo. Durante as clases presenciais, o alumnado só poderá utilizar dispositivos móbiles (iPhone, tableta, PDA ou similares) ou computadores coa finalidade de seguir a marcha da clase. Cómpre lembrar ao alumnado que debe respectar os dereitos de copyright, tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados pola docente na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia. Recoméndase ao alumnado de intercambio interesado en cursar esta materia ter un dominio da lingua inglesa alomenos correspondente ao nivel C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas. Non se admitirán cambios de datas de exames, salvo de xeito excepcional e sempre que o cambio estea debidamente xustificado e sexa por causa de forza maior. O alumnado de intercambio deberá ter en conta as datas oficiais dos exames e planificar a súa estadía en Vigo en consonancia con esas datas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000