Para a resolución de exercicios e outras actividades prácticas é imprescindible ter feito as lecturas obrigatorias correspondentes, así como ter revisado os apuntamentos das clases maxistrais.
Recoméndase a consulta regular da plataforma Faitic, xa que a través dela a profesora fará anuncios e porá a disposición do alumnado materiais necesarios para un óptimo aproveitamento das sesións presenciais.
Competencias previas desexables:
- Bo coñecemento da lingua inglesa.
- Uso dos diferentes recursos que ofrece a Biblioteca.
- Manexo básico de ferramentas informáticas e internet.
Durante as clases, o alumnado non poderá utilizar dispositivos móbiles (iPhone, tableta, PDA ou similares) nin computadores, a non ser que a docente permita ou requira a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica.
Cómpre lembrar ao alumnado que debe respectar os dereitos de copyright, tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados polas docentes na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística |