Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Realización fóra da aula de traballos individuais ou en parellas supervisados e presentación oral dos mesmos na aula. 40 A1
A2
B3
B4
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Dúas probas parciais, que puntuarán un 30% cada unha, sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, incluíndo as lecturas obrigatorias. 60 A1
A2
B3
B4
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

a) Avaliación continua

Para a avaliación continua computarán os
seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes
equivalentes da cualificación final):

(1) Dúas probas parciais (60%), que puntuarán
un 30% cada unha, sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, incluíndo
as lecturas obrigatorias. A primeira abarcará os 3 primeiros temas e terá lugar
na sesión teórica da semana inmediatamente posterior á finalización do tema 3;
a segunda proba terá lugar na sesión teórica da derradeira semana do período
lectivo e abarcará os restantes temas. As datas das probas serán lembradas a
través da plataforma Tema e na aula coa debida antelación.

(2) Un traballo escrito coa súa
correspondente presentación oral (40%). Poderá ser un traballo individual ou en
parellas, segundo anuncie a profesora.

b) Avaliación única

O alumnado que non realice as probas parciais e mailo traballo escrito será avaliado en base a un único exame final que
computará coma o 100% da cualificación
. O exame abarcará todos os contidos
explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas
obrigatorias. A celebración do exame único terá lugar na sesión teórica da
derradeira semana do período lectivo. A data e hora serán recordadas a través
da plataforma Tema coa debida antelación.

(B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non supere a avaliación na primeira edición de actas deberá presentarse á
segunda edición de actas de xullo, na que será avaliado do programa compelto en base a un único
exame final.
O devandito exame abarcará todos os contidos do programa, incluíndo as lecturas obrigatorias, e computará
como o 100% da cualificación.
O exame terá lugar na data oficial publicada polo decanato da FFT.

N.B.: En caso de calquera tipo de plaxio a
cualificación final será de suspenso. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao/á alumno/a da súa responsabilidade neste aspecto.