Resolución de problemas e/ou exercicios |
Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención personalizada en modalidade presencial (no despacho das profesoras durante o horario de titorías) e en modalidade virtual (a través das ferramentas que ofrece a plataforma Faitic de teledocencia e o correo electrónico). Esta atención personalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas coa resolución de problemas e/ou exercicios, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. |
|
Traballos tutelados |
O alumnado contará con atención personalizada por parte das profesoras en modalidade presencial (no despacho durante o horario de titorías) e/ou en modalidade virtual (a través das ferramentas que ofrece a plataforma Faitic e/ou o correo electrónico). Esta atención personalizada estará encamiñada a orientar ao alumnado na planificación e elaboración do traballo escrito e a súa posterior presentación oral. |
|