PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS A avaliación será continua. Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios (coa ponderación na calificación final): (1) Entrega de actividades puntuais (resolución de exercicios, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula (10%). (2) Proba oral final (30%): Exame oral que terá lugar no periodo de exames de maio na data aprobada en Xunta de Facultade e que aparecerá na páxina web da Facultade. Esta proba abarcará os contidos da materia e nela avaliarase a expresión oral. (3) Proba escrita final (40%): Exame que terá lugar no periodo de exames de maio na data aprobada en Xunta de Facultade e que aparecerá na páxina web da Facultade. Esta proba abarcará tódolos contidos teóricose prácticos explicados ó longo do cuadrimestre. (4) Traballo e presentación (20%): Desenvolvemento oral e escrito en grupos de estudantes dun estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, en horario de clases. O alumnado que non poda seguir o sistema de avaliación continua deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do curso (primeria semana), e deberá seguir a modalidade de avaliación única. Esta consistirá en realizar na primeira edición de actas (maio) unha proba final que terá lugar no periodo de exames de maio na data oficial aprobada en Xunta de Facultade e que aparecerá na páxina web da Facultade. Esta proba terá unha parte escrita que suporá o 60% da cualificación final e unha proba oral que suporá o 40%. Todo o alumnado que non supere a materia na edición de maio poderá presentarse a unha proba final na segunda edición de actas en xullo (data oficial aprobada pola Xunta da FFT) de toda a materia que suporá o 100% da calificación, dividida en 60% a parte escrita e 40% a parte oral. Para aprobar a materia en evaluación continua é requisito indispensable obter nas probas (2) e (3) unha cualificación mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) Unha proba final de toda a materia que suporá o 100% da calificación, dividida en 60% a parte escrita e 40% a parte oral. Terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da FFT. N.B.: En caso de calquera tipode plaxio a cualificación final será de suspenso. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. |