Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua para fins específicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Proba oral final sobre os contidos traballados na sexión maxistral 30 C1
C7
C9
C10
C12
D3
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Entrega e corrección de exercicios e problemas traballados na aula, fóra da aula ou nas TIC. 10 C1
C4
C5
C6
C12
D2
D5
Traballos e proxectos Presentación oral e entrega dun traballo escrito feito en grupo (mínimo dúas persoas, máximo tres) sobre un tema asignado a comezos de curso 20 C1
C7
C9
C10
D3
D4
Probas de resposta curta Proba escrita final sobre a resolución de exercicios traballados no aula ó longo do cuadrimestre 40 C5
C10
C13
D1
D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. Dito sistema de avaliación require obrigatoriamente a asistencia a un 80% das sesións presenciais. 

Para a avaliación continua
computarán os seguintes parámetros obrigatorios (coa ponderación na calificación final):

(1) Entrega de actividades
puntuais (resolución de exercicios, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula (10%).

(2) Proba oral final
(30%): Exame oral sobre os contidos da materia no que se avaliará a expresión
oral, nas derradeiras semanas de clase.

(3) Proba escrita final
(40%): Exame que terá lugar na derradeira semana de clase e abarcará tódolos contidos teóricos
e prácticos explicados ó longo do cuadrimestre.

(4) Traballo e presentación
(20%): Desenvolvemento oral e escrito en grupos de estudantes dun
estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia.

O alumnado que non poda asistir ó 80% das sesións presenciais deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do curso, e deberá á realizar na primeira edición de actas (maio) unha proba final escrita que suporá o 60% da cualificación final e unha proba oral que suporá o 40%. Esta proba realizarase na derradeira semana de clase.

Todo o alumnado que non supere a materia na edición de maio deberá repetir unha proba final en xullo (data oficial aprobada pola Xunta da FFT) de toda a materia que suporá o 100% da calificación.

N.B.: En caso de calquera tipo
de plaxio a cualificación final será de suspenso. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000