Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua para fins específicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Proba oral final sobre os contidos traballados na sexión maxistral 30
Resolución de problemas e/ou exercicios Entrega e corrección de exercicios e problemas traballados na aula, fóra da aula ou nas TIC. 10
Traballos e proxectos Presentación oral e entrega dun traballo escrito feito en grupo (mínimo dúas persoas, máximo tres) sobre un tema asignado a comezos de curso 10
Probas de resposta curta Proba escrita final sobre a resolución de exercicios traballados no aula ó longo do cuadrimestre 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. A
condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das sesións presenciais. 

Para a avaliación continua
computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as
porcentaxes equivalentes da cualificación final):

(1) Entrega de actividades
puntuais (resolución de exercicios, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou
sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas
nas TIC (10%).

(2) Proba oral final
(30%): Exame oral sobre os contidos da materia no que se avaliará a expresión
oral.

(3) Proba escrita final
(50%): Exame que terá lugar na semana 14 e abarcará tódolos contidos teóricos
e prácticos explicados ó longo do cuadrimestre.

(4) Traballo e presentación
(10%): Desenvolvemento oral e escrito en grupos de estudantes (máximo tres) dun
estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que será asignado ó
comezo de curso.

Para
aprobar a materia é requisito indispensable obter nas probas (2) e (3) unha calificación
mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que
a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior.

O alumnado que non supere a avaliación
continua na primeira edición de actas (maio) deberá repetir a parte suspensa (proba
oral (2) / proba escrita (3) / ámbalas dúas) en xullo. O seu valor será 30% da proba oral, 50% para a proba escrita. As notas de (1) e (4)
gardaranse de maio a xullo. Igual que en maio, en xullo para aprobar a materia é requisito indispensable obter nas probas (2) e (3) unha calificación mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior.

Se algún alumno/a non pode asistir ó 80% das sesións presenciais e seguir a avaliación continua deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do curso. Este alumnado deberá realizar na primeira edición de actas (maio) unha proba final escrita que suporá o 60% da cualificación final e unha proba oral que suporá o 40%. Para aprobar a materia é requisito indispensable obter nas dúas probas unha calificación mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior. De non superar a materia na 1ª edición de actas (maio), o alumno terá que presentarse na 2ª edición de actas (xullo), que tamén constará dunha proba final escrita que suporá o 60% da cualificación final e unha proba oral que suporá o 40%. Para aprobar a materia é requisito indispensable obter nas dúas probas unha calificación mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior.

Recoméndase encarecidamente ó alumnado asistir a cantas sesión presenciais poida mesmo que non acade o 80% requirido.

N.B.: En caso de calquera tipo
de plaxio a cualificación final será de suspenso.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000