Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e cultura do segundo idioma estranxeiro: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase un traballo de proxecto escrito de aproximadamente 15 páxinas (con introdución, parte principal, conclusión e bibliografía, seguindo as normas de estilo e de referenciación bibliográfica indicadas para o TFG), sobre un tema que se acordará co/a profesor/a. Un primeiro esbozo (como mínimo, a estrutura e a bibliografía) entregarase en formato Open Office ou Word ata o día 1 de decembro. A entrega da versión definitiva realizarase ata o día 17 de xaneiro. 35 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C23
C24
C25
C26
C27
C28
Presentación Durante o período de aulas, cada estudante realizará unha exposición oral de aproximadamente 20 minutos sobre un tema que se acordará co/a profesor/a, acompañado de guión e bibliografía. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C23
C24
C25
C26
C27
C28
Aprendizaxe colaborativa Avaliación continua dos proxectos, comentarios, lecturas e outros traballos realizados ao longo do cuadrimestre. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Pautas xerais

As/os estudantes deberán escoller, de
forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre
dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición
en “Avaliación”) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo
primeiro.

A copia ou o plaxio en calquera das
probas das avaliacións
continua ou única poderá motivar a solicitude de apertura dun expediente
sancionador, nas dúas edicións das actas. Alegar descoñecemento do que
supón plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nese
aspecto.

 Avaliación continua

Para superar a materia, será preciso entregar
coa regularidade requirida as prácticas de clase e obter unha nota mínima de cinco (sobre dez) enn todas as partes de
avaliación. De non acadar a
nota de cinco nalgunha destas formas de avaliación, non se realizará media.

A non realización de probas ou exercicios
parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a
descrición en “Avaliación”) suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero)
puntos nesta.

A data do exame de avaliación
continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no
calendario oficial da FFT.

 Avaliación única

Para superar a materia, será preciso
superar cunha nota mínima de cinco (sobre 10) as dúas probas seguintes:

-Traballo tutelado (50%), coas mesmas
características que o que se describiu máis arriba. Entregarase como moi tarde no día do exame oficial marcado do calendario da FFT.

-Exame
oral (50%). Duración mínima de 30 minutos e máxima de 60, que versa
sobre todos os contidos e textos de lectura obrigatoria da materia que
se disponibilizarán no inicio do cuadrimestre. Realizarase no día do
exame oficial marcado do calendario da FFT ou nun día alternativo
acordado co/a profesor/a.

Deberase obter en ambos casos unha
cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) para poder efectuar media.

A data do exame de avaliación única será establecido pola FFT e publicado no
seu calendario oficial.

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios de avaliación
única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

O alumnado de avaliación continua que
non supere a materia na primeira convocatoria e teña que acudir á segunda edición
das actas terá que presentarse unicamente á parte que teña suspensa.

En todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás
titorías e a consulta dos materiais e  informacións
específicas na plataforma MOOVI, mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000