Un bo dominio da lingua galega facilita a adquisición rápida dun nivel B1 de lingua portuguesa.
A lectura e audición habitual de textos en lingua portuguesa, facilita igualmente a aprendizaxe.
Aviso importante para alumnado de intercambio (Erasmus): O ensino de Lingua Portuguesa na UVigo diríxese a un alumnado que ten o galego e/ou castelán como lingua materna, de maneira que a progresión é rápida. Non se recomenda ao alumnado de intercambio que non teña un nivel de B2 nestas linguas e un A2 (como mínimo) en lingua portuguesa matricularse nesta materia. |