Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro II: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de contido especificamente gramatical e léxico. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B6
B8
B12
C29
C30
C31
C32
C34
C35
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba na que a/o estudante demostrará a súa capacidade de comprensión dun texto escrito e/ou oral en lingua portuguesa, a súa capacidade de argumentar, así como a súa competencia escrita e/ou oral en lingua portuguesa. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
B6
B8
B12
C29
C30
C31
C32
C36
Práctica de laboratorio Proba oral, presentación de traballos, etc. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B7
B8
B10
B11
C29
C33
C34
C35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado debe elixir, de forma obrigatoria,
nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre, entre dúas opcións: un sistema de
avaliación continua (cf. descrición en
"avaliación") ou un sistema de avaliación única.

É recomendable elixir o primeiro sistema, avaliación
continua, 
xa que se trata do ensino dunha lingua estranxeira e é
necesario asistir con regularidade ás clases. Quen non teña a posibilidade de
asistir ás clases e ás actividades da materia coa frecuencia necesaria debe
comunicalo ao profesor. 

Primeira edición das actas

No sistema de avaliación continua a nota final estará baseada na media das notas de todas as probas arriba indicadas e o traballo continuado do alumnado. A non realización das probas ou exercicios parciais, previstos polo sistema de avaliación continua, supón o suspenso cunha nota de 0 (cero) puntos na mesma. A data do último exame de avaliación continua (exame escrito e oral de 40%) coincidirá coa data do exame "avaliación única" indicada no calendario oficial da FFT. A data do exame oral será acordada co profesor ao longo do período de exames. A proba oral será gravada en forma de audio. 

avaliación única consiste nun exame escrito, realizado
en data indicada no calendario oficial da FFT, seguido doutro exame oral, que
será realizado no mesmo día nunha aula continua. A avaliación única será
valorada da seguinte maneira:

1. Exame escrito teórico-práctico: 75% da nota final.

2. Exame oral: 25% da nota final. A proba oral deberá ser gravada en forma
de audio coa debida autorización do alumnado.

Faltar sen xustificación a un destes exames supón o suspenso cunha
cualificación de 0 (cero) puntos no mesmo. Para poder aprobar a materia, é necesario aprobar ambos os exames (escrito
e oral). No caso de que se suspenda un dos exames, o alumno/a deberá repetir as
dúas partes (escrita e oral) na convocatoria de xullo.

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios explicados arriba sobre a avaliación única serán aplicados na segunda edición das
actas (xullo). A data do exame coincidirá coa data destacada no calendario
oficial da FFT.

Consideracións xerais

Copia ou plaxio nos exames de avaliación continua ou única serán
penalizados cun suspenso (0 puntos).

Recoméndase a asistencia regular ás clases e ás titorías, así como a
consulta regular de materiais e información específica na plataforma Moovi.

As datas e os
horarios das probas nas súas diferentes convocatorias seguirán o calendario
oficial de exames aprobado pola Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000