Guia docente 2016_17
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro II: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Realización/presentación de traballos varios, preparados con antelación polo alumnado. 10 A1
A4
B1
B4
B10
B11
B12
C29
C35
C36
Presentacións/exposicións Exposición oral de aprox. 10 minutos sobre un tema de civilización lusófona consultado e previamente acordado coa profesora. 20 A4
B6
B8
B10
B11
B12
C33
C36
Traballos tutelados Traballo escrito segundo as normas académicas sobre un tema de civilización lusófona acordado coa profesora. Un esbozo do traballo entregarase na primeira semana de decembro e a versión definitiva durante o período sen docencia (ata o 14 de decembro de 2016). 25 A4
B6
B8
B10
B11
B12
C33
C36
Probas de resposta curta Ao final do curso realizaranse unha ou máis probas prácticas escritas sobre contidos específicos da materia. 35 A1
A4
B1
B10
C33
C35
Observación sistemática Avaliarase a frecuencia e calidade da participación nas aulas e actividades. 10 A1
A4
B1
B6
B8
B10
B11
C29
C33
C34
C35
C36
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
As/Os
estudantes deberán escoller nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre, de forma obrigatoria, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua
(cf. supra a descrición en “Avaliación”)
ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

Avaliación continua

Dado
que se trata do ensino dunha lingua estranxeira é moi recomendábel asistir con
regularidade ás aulas. Quen non teña posibilidade de asistir a un mínimo de 80%
das aulas debe comunicalo ao profesorado. En todo o caso, a non realización de
probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) suporá
a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta.

As exposicións terán lugar nas tres últimas sesións de clase (decembro de 2016). Estas probas serán gravadas en formato audio e a
participación nelas suporá o consentimento da gravación.

É preciso aprobar a proba escrita (exame), a  proba oral (exposición) e o
traballo tutelado para
superar a materia. De non ser así, non se realizará media. En caso de
suspenso, o alumnado que teña seguido a avaliación continua terá que
recuperar só aquela(s) parte(s) que teña pendente(s) na convocatoria de
xullo.

A
data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame de avaliación
única recollida no calendario oficial da FFT.

Avaliación única

A
avaliación única consiste nunha
proba escrita, na data
recollida no calendario oficial da FFT, seguida doutra proba oral que se realizará na mesma semana. É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para
superar a materia e, en caso de suspenso, haberá que recuperar ambas as probas
na convocatoria de xullo.

A
avaliación única valorarase da seguinte forma:

1.
Proba escrita teórico-práctica: 75% da nota final.

2.
Proba oral: 25% da nota final. Esta proba será gravada en formato audio e a
participación nela suporá o consentimento da gravación.

É
preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia.

A
non presentación a unha das probas sen xustificante suporá a obtención dunha
cualificación nela de 0 (cero) puntos.

 

Segunda edición das actas

Os
mesmos criterios de avaliación única aplicaranse na segunda edición das actas
(xullo). O
exame escrito e oral terá lugar na data recollida no calendario oficial da FFT
para o período de exames de xullo.

O
alumnado de avaliación continua que non superase a materia na primeira
convocatoria e teña que acudir á segunda edición das actas terá que examinarse
exclusivamente da parte ou partes que teñan suspensas (exame oral e/ou
escrito).

A
copia ou o plaxio nos respectivos exames das avaliacións continua ou única será
penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nestas. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000