Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro II: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Realización/presentación de traballos varios, preparados con antelación polo alumnado. 10 A1
A4
C1
C4
C10
C11
C12
D2
Presentacións/exposicións Exposición oral de aprox. 15 minutos sobre un tema de civilización lusófona acordado co profesor. 20 A4
C4
C6
C8
C10
C11
C12
D2
D5
Traballos tutelados Traballo escrito segundo as normas académicas sobre un tema de civilización lusófona acordado co profesor. Un esbozo do traballo entregarase na primeira semana de decembro e a versión definitiva na segunda semana de xaneiro de 2016. 30 A4
C6
C8
C10
C11
D2
D5
Probas de resposta curta Ao final do curso realizaranse unha ou máis probas prácticas escritas sobre contidos específicos da materia. 30 A1
B3
C1
C10
D2
Observación sistemática Avaliarase a frecuencia e calidade da participación nas aulas e actividades. 10 A1
A4
C1
C6
C8
C10
C11
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

Dado o carácter da materia é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas.

Para a avaliación única é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es).

Quen opte de forma directa pola avaliación única será avaliada/o ao final do primeiro período, na primeira edición das actas, da seguinte forma:

1. Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%; práctica: 50%–). A proba escrita realizarase na última sesión de aulas, coincidindo co exame do grupo en avaliación continua.

2. Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada. A proba oral realizarase na última semana de aulas.

É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

A convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación necesaria (mínimo 2 semanas antes do final do período de aulas), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha calificación de 0 (cero) puntos na mesma.

Os mesmos criterios de avaliación explicados para a avaliación única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma (http://faitic.uvigo.es), mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua.

O alumnado suspenso na modalidade de avaliación continua terá que recuperar unicamente as partes suspensas.

O alumnado suspenso na modalidade de avaliación única terá que recuperar a proba completa na que suspendeu (proba escrita teórico-práctica e/ou proba de expresión oral).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000