Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro II: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Realización/presentación de traballos varios, preparados con antelación polo alumnado. 15
Presentacións/exposicións Exposición oral sobre un tema de civilización lusófona acordado coa profesora. 20
Traballos tutelados Traballo escrito segundo as normas académicas sobre un tema de civilización lusófona. 20
Probas de resposta curta Ao final do curso realizaranse unha ou máis probas prácticas escritas sobre contidos específicos da materia. 35
Observación sistemática Avaliarase a frecuencia e calidade da participación nas aulas e actividades. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/os estudantes deberán escoller a principio de curso entre dúas opcións:
un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única.
Recoméndase optar polo primeiro.

É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma continua a asistencia a
un mínimo do 80% das aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha
asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser comunicados ao profesorado o
antes posible.

Para superar a avaliación continua é preciso aprobar tanto a exposición oral
e o traballo tutelado como as probas de resposta curta. A copia ou o plaxio en
calquera das probas serán penalizados cunha cualificación de suspenso (nota
numérica: 0).

É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es) e o blog asociado
(http://estudoslusofonos.blogspot.com/).

Quen opte de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será
avaliada/o ao final do primeiro período, na primeira edición das actas (maio),
cunha proba escrita teórico-práctica (teoría: 50%; práctica: 50%).

De igual xeito que no caso da avaliación continua, para superar a avaliación
única é preciso aprobar tanto a parte teórica como a parte práctica.
Penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) tanto a copia como o plaxio
nalgunha das probas.

Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda edición das actas
(xullo).

En calquera caso, para o alumnado en réxime de avaliación única é
recomendable tamén a asistencia ás aulas, a consulta nas titorías e o
seguimento regular dos espazos virtuais da materia (plataforma TEMA:
http://faitic.uvigo.es e blog asociado: http://estudoslusofonos.blogspot.com/).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000