Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro II: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliación semanal da aprendizaxe gramatical, léxica e cultural: exercicios na aula, e Arbeitsbuch. 30
Traballo tutelado Avaliación semanal da práctica comunicativa e da comprensión e expresión oral e escrita. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B13
C31
C32
C35
C36
Presentación Avaliación da aportación persoal do alumnado á materia. 10 A2
A3
A4
B1
B7
B10
B12
B13
C33
C36
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de contido léxico, gramatical e cultural; proba oral de apoio en casos puntuales que o requiran, segundo o criterio do profesorado, como casos dubidosos con baixa nota no escrito. A nota sería a media de ambas probas (escrita e oral). 40 A3
B4
B5
B6
B7
B8
C31
C32
C33
C34
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O desenvolvemento desta materia apóiase no método NETZWERK e o emprego do seu manual ten carácter obligatorio: véxase a referencia na sección de bibliografía desta guía. É responsabilidade do alumnado obter unha copia impresa ou dixital de devandita referencia para o bo seguimiento do curso.

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (XANEIRO-MAIO)

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase acabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba.

Terase en conta a participación habitual
e activa na aula (con carácter indicativo, en función de asistencia non
inferior ao 80% das horas totais), ademais da entrega dos traballos. A proba
escrita realizarase na data fixada para esta materia no calendario de exames
aprobado pola Xunta de FFT (convén consultar puntualmente a páxina web do
centro e ter en conta os posibles cambios). Para optar a el, é requisito obter
polo menos un 5 nas actividades e traballos realizados.

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua debe comunicarlle á profesora responsable da materia (María José Corvo Sánchez) que se acolle á avaliación única ao comezo do curso, durante as primeiras dúas semanas de clase.

Este alumnado deberá realizar un exame escrito na data fixada no
calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT (convén consultar puntualmente
a páxina web do centro e ter en conta os posibles cambios) sobre os contidos da
materia (e as leccións do método Netzwerk) e máis un traballo escrito de
carácter lingüístico para superar a materia. Tambén unha proba oral sobre as
leccións do método Netzwerk. As porcentaxes de avaliación son: 20% para a
elaboración do traballo escrito, 40% para o exame escrito e 40% para a
proba oral. A profesora responsable da materia será quen determinará o contido
e o desenvolvemento do traballo escrito e acordarao co alumnado. O traballo
escrito debe ser entregado con anterioridade á celebración do exame escrito; a
data límite de entrega é ás 12:00h do venres anterior ao día do exame escrito.
A entrega do traballo será requisito previo para que o alumnado poida optar á
realización do exame escrito; así mesmo, será requisito previo obter unha nota
de 5 como mínimo neste para poder acceder á proba oral. 


SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO) 

Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación continua, a segunda edición de actas constará dun exame
teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación, que
se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT
(convén consultar puntualmente a páxina web do centro e ter en conta os
posibles cambios).

Para o alumnado que durante ocurso se acolleu á avaliación única siguense os mesmos criterios de avaliación que na primeira edición.


ADEMAIS, en calquera das convocatorias de exames e independentemente da modalidade, continua ou única, debe terse en conta tambén o seguinte.

En todas as achegas evaluables, as notas non deberán ser inferior a 5 para
superar a materia. Os resultados positivos obtidos na primeira convocatoria de
exames (avaliación continua e única), malia a non superación da materia, gardanse
para a nota da segunda convocatoria, de modo que o alumnado non teña que
repetir unha aportación evaluable xa superada.


O profesorado pode esixir a realización dunha proba oral complementaria a
aquel alumnado que, segundo o seu criterio razoado, non demostrase suficiente
competencia na materia, porque o profesorado por calquera causa precise
confirmar mellor o seu nivel na materia ou ben en caso de sospeita da
autenticidad da autoría de calquera achega evaluable (traballo de aula,
traballos escritos, exames), xa sexa por copia ou por plagio. O contido estaría
orientado a unha ou máis das achegas evaluables e a nota
repercutiría,respectivamente, na porcentaxe establecida para cada unha delas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000