Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro II: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Tres traballos de comprensión/expresión oral e escrita (40%). Un traballo da partir dunha lectura obrigatoria (20%). 60 A3
A4
A5
Resolución de problemas e/ou exercicios Os exercicios feitos en clase serán avaliados. 10 A3
A4
A5
Outras Exame final de comprensión/expresión escrita/oral. 30 A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

– Primeira edición de actas

Para acollerse ao sistema de avaliación continua descrito arriba é necesario entregar todos os traballos. Datas aproximadas de entrega dos traballos : mediados de outubro, mediados de novembro, e final de semestre, última quincena do cuadrimestre. Data exame: no período de exames na data establecida no calendario oficial da FFT.

Avaliación continua: a nota é o resultado da suma de todos os traballos entregados (os traballos non entregados contan 0, o plaxio implica 0). Os estudantes que suspendan farán un exame final: valerá polo 100% da nota, e terá lugar no período de exames na data establecida no calendario oficial de exames da FFT.

Avaliación única: os estudantes farán o exame final: valerá polo 100% da nota, e terá lugar no período de exames na data establecida no calendario oficial de exames da FFT.

– Segunda edición das actas:

Os alumnos que non superen a materia na primeira edición, farán unha proba de comprensión/expresión escrita que valerá polo 100% da nota, e terá lugar no período de exames na data establecida no calendario oficial de exames da FFT.

NOTA BENE. A principio de curso indicarase unha obra de lectura obrigatoria. Alegar descoñecemento respecto dun plaxio non exime ao estudante das súas responsabilidades.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000