Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro II: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Probas de comprensión, ditados, lectura e reformulación.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os exercicios corrixidos individualmente serán avaliados. 10
Prácticas autónomas a través de TIC Realizaranse probas de avaliación sobre os exercicios de prácticas autónomas colgados na plataforma Tema. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Os exercicios feitos na aula e corrixidos individualmente serán avaliados. 10
Outras Exame final teórico-práctico 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira
edición das actas
:
A avaliación é continua. Para ser avaliado será necesario ter asistido ó 80%
das clases e ter entregado os traballos na data requirida. As probas non
entregadas contarán coma un cero. Os alumnos terán que aprobar tódalas
destrezas. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

Nesta primeira edición das
actas haberá unha avaliaciión única para o alumnado que ó comezo do curso
xustifique debidamente, en tempo e forma (nas dúas primeiras semanas do inicio
do curso), que non pode realizar a avaliación continua. Nese caso fará unha
proba única teórico-práctica, ao final do cuadrimestre. Esa proba contabilizará
50% para a parte práctica e 50% para a parte teórica.

Segunda
edición das actas:
Os
alumnos que non superen a materia na primeira edición das actas farán en xullo
unha proba final que contará coma un 100% da cualificación (esa proba
contabilizará 50% para a parte teórica e 50% para a parte práctica).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000