Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e cultura do segundo idioma estranxeiro: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliación continua da participación activa nas actividades de literatura e culturais. 60
Presentacións/exposicións Avaliación dos traballos individuais do alumnado sobre temas literarios e culturais. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. O alumnado que xa cursase a materia e non poida cumprir o requisito de asistencia deberá informar o profesorado de calquera incidencia a este respecto. Ademais, o alumnado que incumpra estas condicións deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente, co fin de solventar e cubrir a perda de horas de asistencia e de traballo da maneira que considere axeitada o profesorado en cada caso particular.


O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame ó final do cuadrimestre sobre os contidos da materia, e mais un traballo escrito acordado co profesorado responsable da materia. Este alumnado non ten ningunha obriga presencial, aínda que se lle aconsella que asista ás aulas.


SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000