Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e cultura do segundo idioma estranxeiro: Francés
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS PARA A MODALIDADE NON PRESENCIAL ===

Mantense todas as metodoloxías docentes, pero terá mais importancia o traballo tutelado, o traballo con materiais audiovisuales, o traballo de investigación, as prácticas orientadas por vía telemática.

* As titorías terán lugar por vía telemática.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Indicarase bibliografía dispoñible na nube.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN PARA A MODALIDADE NON PRESENCIAL ===
Para a avaliación continua:
(a) Traballo tuelado a partir dunha lectura, 2500 palabras: 50% da nota.
(b) Dous exercicios comentarios de texto: 50% da nota.

Para avaliación única: exercicio de comprensión/expresión escrita,100% da nota.


=== MODALIDADE MIXTA ===
Para a esta modalidade manterase o mesmo sistema de avaliación que para a modalidade non presencial.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000