Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Significado e discurso do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Exame final de coñecementos básicos. 20 A1
A3
A5
C3
C4
C5
C8
C13
D1
D3
D5
Traballos de aula Exercicios e actividades de aplicación e síntese realizados na aula. 20 A2
A3
A4
C4
C5
C6
C8
D2
D3
D4
Presentacións/exposicións Traballo final e presentación sobre un aspecto do temario acordado ao principio do curso. 40 A2
A3
A4
A5
C6
C8
C9
C13
D2
D3
D4
D5
Prácticas autónomas a través de TIC Exercicios sobre aspectos prácticos do temario ao remate de cada unidade por medio de cuestionarios dispoñibles na plataforma de teledocencia Faitic Tema 20 A2
A3
A5
C5
C7
C13
D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación recomendado para este curso é o sistema de avaliación continua. O alumnado deberá participar de xeito regular nas tarefas de aula e presentar os traballos e exercicios requiridos conforme aos prazos establecidos ao comezo do curso. O exame final de coñecementos básicos realizarase nunha das sesións da derradeira semana do curso.

As alumnas e alumnos que suspendan a materia na primeira edición das actas terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes da avaliación que non foron aprobadas. Gardarase a nota das partes aprobadas e as porcentaxes da cualificación final non variarán. O procedemento de recuperación das partes que haxa que repetir é o seguinte:

  1. Sesión maxistral. Haberá un novo exame final de coñecementos básicos das mesmas características do primeiro.
  2. Traballos de aula. Avaliaranse por medio dunha proba escrita con preguntas que recollan os mesmos obxectivos competenciais e o mesmo nivel  nivel de coñecementos dos exercicios e actividades que foron avaliadas nas sesións presenciais.
  3. Presentacións/exposicións. A/O alumno/a terá que volverse presentar unha vez corrixidas as deficiencias e inexactitudes sinaladas. Cada presentación terá lugar nunha data acordada co profesorado da materia.
  4. Prácticas autónomas a través de TIC. Recuperaranse por medio dun cuestionario que inclúa preguntas do mesmo tipo das contidas nos exercicios en liña durante o curso.

Aquelas persoas matriculadas que non poidan cumprir os requirimentos do curso coa regularidade esixida deberán comunicarllo de xeito razoado ao profesorado ao comezo das sesións presenciais e non farán avaliación continua. Para estas persoas existirá un modelo de avaliación única ao final do cuadrimestre por medio dun exame global e comprensivo que constará de tres partes.

  1. Acreditación do seu coñecemento teórico e práctico dos contidos fundamentais da materia por medio de preguntas tipo tema (40% da cualificación final).
  2. Exercicios de aplicación, síntese e creación do mesmo tipo dos realizados na aula e na TIC no sistema de avaliación continua (50% da cualificación final).
  3. Un suposto práctico: A elaboración dun esquema razoado (un resumo) para un traballo sobre un punto dos contidos que inclúa unha primeira descrición do problema a tratar, algúns exemplos ilustrativos, as fases a seguir e o obxectivo final que se pretende acadar no proxecto (10% da cualificación final). 

Este exame terá lugar nas dúas semanas seguintes ao remate das clases presenciais.

As alumnas e alumnos que suspendan nesta modalidade de avaliación única na primeira edición das actas en maio terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes que teñan suspensas. Gardarase a nota das partes aprobadas e as porcentaxes da cualificación final non variarán.

O alumnado que non se presente á avaliación continua ou á avaliación única terá que facer o exame de xullo completo e recibirá a cualificación correspondente na segunda edición das actas. A data da segunda edición de actas será a data oficial aprobada pola Xunta da FFT.

O alumnado en programas de intercambio con universidades estranxeiras que estea interesado en matricularse neste curso deberá ter en conta que o nivel de inglés necesario para seguir as clases adecuadamente é de competencia alta e nivel avanzado.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000