Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro V: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Valoración continua das prácticas gramaticais e léxicas. 20
Traballos de aula Valoración continua da participación activa nas actividades lingüísticas e de Landeskunde 10
Traballos tutelados Valoración global das actividades de presentación e control de contido lingüístico e/ou cultural. 40
Probas de resposta curta Probas escritas de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. O alumnado que xa cursase a materia e non poida cumprir&nbsp;o requisito de asistencia deberá informar á profesora de calquera incidencia a este respecto. Ademais, o alumnado que incumpra estas condicións deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente, co fin de solventar e cubrir a perda de horas de asistencia e de traballo da maneira que considere axeitada o profesorado en cada caso particular.</p><p>O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame ó final do cuatrimestre sobre os contidos da materia, e mais un traballo escrito acordado coa profesora responsable da materia. Este alumnado non ten ningunha obriga presencial, aínda que se lle aconsella que asista ás aulas.</p><p>Segunda edición de actas (xullo): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación.</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000