Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro V: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas con apoio das TIC Os exercicios realizados fóra da aula a través da plataforma Moovi e corrixidos en clase permitirán avaliar a intensidade do traballo investido polo alumnado a partir dos ítems enviados á plataforma. 10 CB3
CB5
CG8
CG12
CE17
CE20
CE147
Traballo tutelado Elaboración individual ou en grupo do traballo autónomo por parte do alumnado.
Lectura anotada.
10 CB1
CB2
CB4
CG3
CG7
CE20
CE147
Presentación Presentación oral individual ou en grupo do traballo autónomo por parte do alumnado. 10 CB2
CB3
CB5
CG1
CG3
CG5
CG7
CG12
CE17
CE20
CE147
Resolución de problemas de forma autónoma Ao longo do curso, o alumnado realizará na aula exercicios teórico-prácticos avaliables, sobre os contidos explicados en clase. 10 CB2
CB3
CB5
CG5
CG8
CG12
CE17
CE20
CE147
Resolución de problemas e/ou exercicios 1. Proba final práctica sobre os contidos gramaticales e léxicos explicados en clase (EG) : 20%.
2. Proba final de comprensión e expresión escrita (ECEE) : 20%.
3. Proba final de lectura e expresión e comprensión oral (ECEO): 20%.
60 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CG1
CE17
CE20
CE22
CE147
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na 1ª edición das actas, o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua
indicado arriba. As probas non entregadas contarán como un cero. Para
aprobar a materia, será necesario dar conta da lectura anotada, elaborar
e presentar o traballo na data requirida e obter polo menos 10/20 en
cada unha das tres probas finais, que terán lugar dentro do período
oficial de exames, na data aprobada en Xunta de FFT. 


O
alumnado que, por motivos xustificados, non poida acollerse á
avaliación continua deberá indicalo ao profesor ao comezo do curso.
Neses casos, terá que examinarse do 100% da materia polo sistema de
avaliación única, segundo as seguintes porcentaxes: Lectura anotada:
25%, EG: 25%, ECEE: 25%, ECEO: 25%,  Este exame final terá lugar dentro
do período oficial de exames, na data aprobada en Xunta de  FFT.


SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)
Na
segunda edición das actas (xullo), todo o alumnado proveniente da
primeira convocatoria (decembro-xaneiro), tanto na modalidade de
avaliación continua como na de avaliación única, examinarase
exclusivamente da parte da materia que non supere. O alumnado que non se
presentou na primeira convocatoria será evaluadoen esta segunda polo
procedemento de avaliación única.


O exame nesta convocatoria terá lugar durante o período de exames de xullo, na data aprobada en Xunta de FFT.


Notas xerais
O
plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un
suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade. 


Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación francófonos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000