Guia docente 2016_17
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro V: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Dous exercicios de comprensión/ expresión escrita (30% da nota); un exercicio de comprensión oral (10%); unha presentación oral a partir dunha lectura obrigada/tema de actualidade (20% da nota). 60 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B8
B11
B12
C17
C18
C20
C22
C147
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame de lingua (gramática e vocabulario)/ comprensión/ expresión escrita. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B8
B11
B12
C17
C18
C20
C22
C147
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición de actas.

 O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. A proba escrita terá lugar no período de exames na
data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade. A presentación
individual terá lugar no período de exames na data acordada
previamente coa profesora. As datas de entrega dos exercicios acordaranse
coa profesora a principio do curso.

Para aprobar a materia será
necesario entregar os traballos na data requirida, e ter un mínimo
de 4 na proba escrita final. As probas non entregadas contarán como
un cero. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

O alumnado que, por motivos
xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coa
profesora ao comezo do curso. Nese caso, e só neste caso, poderán
examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas polo sistema de
avaliación única. O exame será de comprensión/expresión oral e escritura,
cunha cualificación de 30% o oral, e 70% o escrito. É necesario aprobar
as dúas probas (oral, escrito) para poder superar a materia. O exame
escrito terá lugar no período de exames na data do calendario
aprobada pola Xunta de Facultade, e a proba oral tamén terá lugar no
período de exames na data acordada previamente coa profesora.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo)
Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame de comprensión/expresión oral e escritura polo 100% da cualificación
para o alumnado que non superara a materia na primeira edición. A cualificación será de 30% o oral, e 70% o escrito. É
necesario aprobar as dúas probas (oral, escrito) para poder superar a materia. O exame terá lugar no período de exames na
data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade, e a proba oral tamén terá lugar no período de exames na data
acordada previamente coa profesora.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación franceses.