Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro V: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Trois devoirs de compréhension et/ou expression orale et écrite (50% de la note). Un travail de 1000 mots à partir d'une lecture obligatoire (20% de la note) 70
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Examen de compréhension/expression écrite. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira edición de actas a avaliación será continua e constará das
probas indicadas máis arriba. A condición para ser avaliada/o será a asistencia
a un mínimo do 80% das aulas.

Se algunha alumna/o non se pode acoller á avaliación continua por motivos
xustificados, deberá comunicarllo ao profesorado ao comezo do
cuadrimestre. Nese caso, poderá ser avaliada/o ao final do cuadrimestre
mediante unha proba xeral dos contidos globais do programa
desenvolvido durante todo o cuadrimestre (100% da cualificación final). Este
exame terá lugar ao final do cuadrimestre. 

Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo igualmente
mediante unha proba xeral dos contidos globais do programa
desenvolvido durante o cuadrimestre (100% da cualificación final). Este exame
terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000