Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro V: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Exposición e corrección por parte do alumnado, ante o docente e os seus compañeiros de clase, de frases normativas e resumos de texto franceses de actualidade. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse 3 probas escritas, sempre o último día ou na última clase de cada mes, probas que contarán un 30% cada unha da nota final do control continuo.
Como a evalución será un continuo repaso e sistematización dos coñecementos previamente adquiridos ao longo dos cursos anteriores e do cuatrimestre, parece lóxico que a cualificación sexa progresiva. É decir, un alumno que teña, por exemplo, 3,4 e 5 ao longo das tres probas, acadará no resultado final, un aprobado: 5. Non aprobará se o proceso se produce á inversa: 6, 5, 4. En cuio caso, a nota final será de 'suspeso'
90
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira edición de actas a avaliación será continua e constará das
probas indicadas máis arriba. A condición para ser avaliada/o será a asistencia
a un mínimo do 80% das aulas.

Se algunha alumna/o non se pode acoller á avaliación continua por motivos
xustificados, deberá comunicarllo ao profesorado argumentadamente ao comezo do
cuadrimestre. Nese caso, poderá ser avaliada/o ao final do cuadrimestre
mediante unha proba sintético-recapitulativa dos contidos globais do programa
desenvolvido durante todo o cuadrimestre (100% da cualificación final). Este
exame terá lugar na data oficial de maio/xuño aprobada pola Xunta de Facultade.
A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás
aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente.

Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo igualmente
mediante unha proba sintético-recapitulativa dos contidos globais do programa
desenvolvido durante o cuadrimestre (100% da cualificación final). Este exame
terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000